Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 28 de novembro de 2016 pola que se notifica resolución de expediente de incautación da embarcación Flores depositada en seco no porto de Burela.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Rafael Oroza Menéndez, con derradeiro domicilio coñecido en Alexandre Bóveda, 1, 3º A, de Foz (Lugo), a Resolución do Presidente de Portos de Galicia, do 16 de setembro de 2016, que decreta a incautación, a favor de Portos de Galicia, da embarcación de nome Flores, con folio 3ª-CO-4-1983, depositada no porto de Burela, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación depositada en estado de abandono desde hai máis dun ano e dado o incumprimento das ordes de retirada emitidas pola Zona Norte, e unha vez que no BOE número 202, do 22 de agosto de 2016, se publica o acordo de inicio de expediente sen que conste a presentación de alegacións, con base no establecido na regra décimo quinta de aplicación á tarifa portuaria E-2 prevista na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 49 do Regulamento de servizo e policía aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

A incautación implica que Portos de Galicia vai proceder ao alleamento da embarcación de acordo e cos efectos establecidos nos anteriores fundamentos. De non ser factible o alleamento en atención ao estado de conservación da embarcación, ou no caso de quedar deserta a venda, Portos de Galicia poderá proceder a trasladar a embarcación a vertedoiro autorizado. Todos os custos que isto implique serán por conta do propietario.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, número 5-A, 6º de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia