Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de prestación de servizos de mantemento de xardíns e zonas verdes.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Secretaría.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: ana.linares@oroso.es

vii) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.concellooroso.com

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentar proposicións.

d) Número de expediente: 2016/C004/000014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: servizos de mantemento de xardíns e zonas verdes do Concello de Oroso.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: véxase artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria-anticipada.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: véxase artigo 12 do prego de claúsulas administrativas.

d) Admisión de melloras: véxase artigo 12 do prego de claúsulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 74.412,00 euros. IVE (21 %): 15.626,52 euros. Importe total: 90.038,52 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 167.427,00 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase cláusula 3 e 4 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil de contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Dirección: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 2 de decembro de 2016

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde