Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54254

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (334/2014).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 334/2014, por instancia de Javier Couceiro Sánchez, Isaac Carlos Martínez Pérez e Alberto Vázquez Brañas contra a empresa Electro Sanxurxo, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 10 de novembro de 2016 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Estímase a demanda formulada por Javier Couceiro Sánchez, Isaac Carlos Martínez Pérez e Alberto Vázquez Brañas fronte á empresa Electro Sanxurxo, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Electro Sanxurxo, S.L., a aboarlles aos demandantes as seguintes cantidades:

• A Javier Couceiro Sánchez a cantidade de sete mil sesenta e cinco euros (7.065 euros) en concepto de diferenzas salariais.

• A Isaac Carlos Martínez Pérez a cantidade de catorce mil noventa e sete euros con sesenta e seis céntimos de euro (14.097,66 euros), cinco mil setecentos oitenta e un euros con sesenta e seis euros (5.781,66 euros) en concepto de diferenzas salariais e oito mil trescentos dezaseis euros (8.316 euros) en concepto de indemnización por extinción da relación laboral.

• A Alberto Vázquez Brañas a cantidade de oito mil trescentos corenta euros con vinte e tres céntimos de euro (8.340,23 euros), cinco mil cento corenta e catro euros con trinta e oito céntimos de euro (5.144,38 euros) en concepto de diferenzas salariais e tres mil douscentos cinco euros con setenta e cinco céntimos de euro (3.205,75 euros) en concepto de indemnización por fin de contrato.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Electro Sanxurxo, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de novembro de 2016

A secretaria xudicial