Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Covas, do concello de Forcarei.

Unha vez informada favorablemente a proposta de deslindamento con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Covas, concello de Forcarei, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslindamento de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar o día 9 de xaneiro de 2017, ás 10.00 horas, para o comezo das operacións de apeo, que comezarán no lugar de Covas, xunto a casa de Porfirio Bugallo González.

Emprázanse as persoas lindeiras e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que quen se conceptúe con dereito á propiedade do monte ou de parte deste e as persoas lindeiras que desexen comparecer presenten as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade, no lugar de Covas, nº 10, 36556 Forcarei.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 18 de novembro de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra