Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54293

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se emprazan os interesados no expediente de subvención para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural 14270045/2014 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanse as persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, os acordos de inicio dun procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda relativa aos expedientes de subvención 14270045/2014 e 14270100/2014 (Orde do 26 de setembro de 2014 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2014 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural).

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte á data de finalización deste.

Concédeselles aos interesados un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poidan formular alegacións e presentar a documentación que consideren conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

O presente anuncio expídese para que conste e sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención núm. 14270045/2014.

Interesada: Dorinda Santiso Álvarez.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Uxío Novoneira, 20, 1º D, 27500 Chantada (Lugo).

Expediente: procedemento para declarar a perda total do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención núm. 14270100/2014.

Interesado: Juan Luis Paz Fernández.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lgar. Santa Eufemia-Papoi, 46, Lugo.