Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54273

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (970/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 970/2014 deste xulgado do social, seguido a instancia de Carmen Abeledo Piñeiro contra Acega Formación Continua, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 277/2016.

NIG: 15078 44 4 2014 0002829

Modelo: N02700

PO procedemento ordinario 970/2014

Procedemento orixe:

Sobre: ordinario.

Demandante: Carmen Abeledo Piñeiro.

Demandada: Acega Formación Continua, S.L.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

Eu, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 970/2014 sendo parte neste, como demandante, Carmen Abeledo Piñeiro, asistida polo graduado social Sr. Castro Freire, e, como demandada, Acega Formación Continua, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Decido:

Estímase substancialmente a demanda interposta por Carmen Abeledo Piñeiro fronte a Acega Formación Continua, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.317,62 euros en concepto de indemnización debida por despedimento; máis o importe líquido correspondente a 1.202,49 euros, en concepto de salario debido, con máis o xuro moratorio do 10 % respecto desta última débeda salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non ten o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiaria do réxime público de Seguridade Social ou non gozo do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no apartado 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Acega Formación Continua, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza