Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de decembro de 2016 pola que se notifica a resolución dun expediente de caducidade de concesión administrativa no porto de Tragove (Cambados).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á mercantil Alimentación Projoscar, S.L., con último domicilio coñecido en Porto de Tragove, apdo. de correos 131 de Cambados, provincia de Pontevedra, a Resolución da Presidencia de Portos de Galicia, do 23 de novembro de 2016, que decreta a caducidade da concesión administrativa outorgada á mercantil que se cita, con destino á construción dunha planta de engorda de rodaballo no porto de Tragove (Cambados), por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese, logo da emisión de proposta por parte do instrutor, e traslado ao Consello Consultivo de Galicia que, no seu Ditame 328/2016, se declara non competente para pronunciarse sobre a proposta por ausencia de oposición do concesionario, pola concorrencia das causas de caducidade previstas na condición 32ª do título, alíneas a) e b).

A caducidade determina a extinción anticipada do título, a reversión da superficie ocupada e das instalacións ao dominio público portuario, o que se efectuará nun prazo máximo de tres meses contados desde a publicación desta cédula, e a incautación da totalidade das garantías que constituísen para responder da explotación ou construción da concesión.

Para ao seu exame, o expediente completo atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central; praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición, ante a Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia