Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Luns, 12 de decembro de 2016 Páx. 54316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución e da dirección da obra de ampliación do centro de saúde da Laracha para construción do PAC (A Coruña) (expediente AB-SER3-16-014).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-16-014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución e da dirección da obra da ampliación do centro de saúde da Laracha para construción do PAC (A Coruña).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71.22.10.00.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 139, do 22 de xullo de 2016; na web do Sergas e na Plataforma de contratos de Galicia o 22.7.2016.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 30.558,33 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 22.375,50 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 27.074,35 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de setembro de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 5 de outubro de 2016.

c) Contratista: Ezcurra e Ouzande Arquitectura, S.L.P.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 17.900,00 €. IVE (%) 21 %. Importe total: 21.659,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos