Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53950

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2016 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante Resolución do 5 de agosto de 2016 publicouse o acordo do Consello de Dirección que aprobou as bases reguladoras das axudas ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 155, do 18 de agosto) e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 10.6 que, con carácter xeral, non se enviarán notificacións individuais da resolución, substituíndose a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG.

Na súa virtude e, de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución con data do 28 de novembro de 2016 de concesión das axudas do Igape ás agrupacións empresariais (clúster) innovadoras na Comunidade Autónoma de Galicia, no enderezo www.tramita.igape.es (punto «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Segundo. A Resolución con data do 28 de novembro de 2016 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica