Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53948

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2016 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Mediante a Resolución do 26 de xullo de 2016, publicouse o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aprobou as bases reguladoras das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (DOG núm. 156, do 19 de agosto) e procedeuse a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2016.

As ditas bases establecen no seu artigo 10.6 que, con carácter xeral, non se enviarán notificacións individuais da resolución, substituíndose a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva con data do 25 de novembro de 2016 de concesión das axudas do Igape a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, no enderezo www.tramita.igape.es (punto “Consulta de resolucións definitivas” http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Social Europeo nun 80 %, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e, en particular:

Obxectivo temático 8: promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.

Prioridade de investimento 8.5: fomentar a adaptación ao cambio dos traballadores, as empresas e os empresarios.

Obxectivo específico 8.5.1: mellorar a adaptación da cualificación das persoas traballadoras ás necesidades do mercado laboral, para garantir o seu mantemento en emprego e permitir a súa progresión profesional.

Categoría de intervención 106: adaptación ao cambio de traballadores, empresas e emprendedores.

O que exixe o cumprimento da normativa aplicable a este fondo, en particular, o Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e o Regulamento (UE) nº 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006, do Consello (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013), así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

A concesión desta axuda supón a aceptación do beneficiario a ser incluído na lista pública de operacións prevista no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Así mesmo, o beneficiario deberá cumprir os requisitos de publicación e comunicación en relación á publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2 do dito Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Segundo. A resolución definitiva con data do 25 de novembro de 2016 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica