Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54045

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 24 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, polo que se notifican as resolucións relativas ao procedemento BS410A/2015.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, tendo en conta o disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de resultar infrutuoso o intento de notificación no último domicilio coñecido, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, publícase o presente anuncio e cítase a persoa que se relaciona no anexo para ser notificada por comparecencia en relación coa resolución ditada no recurso de reposición do procedemento que se cita no dito anexo.

No prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderá comparecer persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia, Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, en horario de mañá, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, para os efectos de coñecer o texto íntegro da resolución. Advírteselles que de, non facelo así, se dará por notificado.

Infórmase a persoa que se cita no anexo de que contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo, sen prexuízo de poder exercer calquera outro que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO

Nº de expediente: BS410A2015/3781-0.

Nome e apelido: Inacio Manuel da Cruz Faria Novo.

Acto administrativo: Resolución do 17 de outubro de 2016. Desestimación do recurso RR-PFC10/2016/R-2016-00040.