Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-CO-0036/2014-PPM.

Tentada sen éxito a notificación persoal de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 61 63).

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente: PSC-CO-0036/2014-PPM.

Beneficiario: Pedro Bolívar Nieto.

NIF: 24153983G.

Enderezo: Emilio González López, 28, 15011 A Coruña.

Trámite: audiencia previa á revogación.

Prazo para presentar alegacións: 15 días.