Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54043

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta xefatura (expediente 2007/145/27 e dous máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas que se indican a continuación as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto na Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, logo dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións ou por descoñecer o domicilio do interesado.

As persoas interesadas poderán interpor recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes, definitivas en vía administrativa, no xulgado de primeira instancia de Lugo que por quenda lles corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os expedientes atópanse á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, baixo, onde, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para os efectos do coñecemento do contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas. Advírtese que, de non facelo, se considerarán notificadas.

Lugo, 17 de novembro de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm. expte.

Asunto

Data da resolución

Fouzla Sahbel Khataquat

2007/145/27

Cesamento de medida e arquivamento

18.10.2016

Michael Gándara Iglesias

2009/43/27

Cesamento de medida e arquivamento

9.11.2016

Fausta Mercedes Rodríguez Durán

2015/73/27

Cesamento de medida e arquivamento

17.10.2016

José Ramón Ayala Álvarez

2015/73/27

Cesamento de medida e arquivamento

17.10.2016