Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54041

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 16 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos tramitados por esta xefatura (expediente 2004/181/27 e nove máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas interesadas que se indican a continuación as resolucións ditadas polo xefe territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto na Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar as ditas notificacións ou por descoñecer o domicilio do interesado.

As persoas interesadas poderán interpor recurso ás resolucións ditadas nos expedientes, definitivas na vía administrativa, no Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os expedientes están á disposición das persoas interesadas no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, baixo, onde no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para os efectos do coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, e advírteselles que, de non facelo, se terán por notificadas.

Lugo, 16 de novembro de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Núm.
de expte.

Asunto

Data da resolución

Adil Louassini

2004/181-27

Cambio de medio

10.11.2016

Marianna K. Santos Nunes de Souza

2009/67-27

Anexo á resolución

11.10.2016

Marianna K. Santos Nunes de Souza

2009/67-27

Cambio de recurso

13.11.2016

Viorel Matei

2011/85-27

Concesión de recurso

19.8.2016

Paula Curt

2011/85-27

Concesión de recurso

19.8.2016

Victorino Pereira Barbosa

2013/202-27

Cambio de medio

27.9.2016

Mª Jesús Sanches Mondes

2013/202-27

Cambio de medio

27.9.2016

Francisco José da Silva Montero

2014/28-27

Concesión de medida e recurso

30.8.2016

Francisco José da Silva Montero

2014/28-27

Concesión de recurso

17.10.2016

Juan Manuel Trasancos Fernández

2014/52-27

Cambio de medida

7.9.2016

Octavio Fernandes Santos

2014/203-27

Prórroga de recurso

13.10.2016

Luis Fernando Arango

2015/172-27

Cambio de medida e recurso

24.8.2016

Alberto Wilman Arboleda Arango

2016/79-27

Concesión de recurso

25.10.2016

José Fernández Blanco

2016/83-27

Concesión de medida e recurso

24.10.2016

Beatriz Barreiro Barreira

2016/83-27

Concesión de medida e recurso

24.10.2016