Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 16 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación do inicio do trámite de audiencia dun procedemento tramitado por esta xefatura (expediente 2005/425/15).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por ignorarse o lugar de notificación, notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada que se indica a continuación no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente encóntrase á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, baixo, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do mencionado acto, de luns a venres laborables das 9.00 ás 14.00 horas, e advírteselle que, de non facelo, se terá por realizado o dito trámite.

Lugo, 16 de novembro de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2005/425/15.

Interesada: Carmen Jiménez Montes.

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: comunicación do inicio do trámite de audiencia.