Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 17 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Coristanco (expediente IN407A 2016/1230-1).

Expediente: IN407A 2016/1230-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CBA-807 Agualada.

Concello: Coristanco.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 80 m (actuación nº 1), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso A/S para realizar no apoio nº 62-31 existente da LMTA CBA-807 e final nos empalmes en punto de acceso en calzada na LMTS CBA-807 que alimenta o CT Agualada III (15CFTK-expediente: 181/06).

– LMTS a 20 kV, de 543 m (actuación nº 2), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na cela de liña de reserva do CT Agualada III e final no paso A/S para realizar no apoio nº 62-34-1 da LMTA CBA-807.

– LMTA a 20 kV, de 231 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 62-29 existente da LMTA CBA-807 e final no apoio nº 62-31 proxectado.

– LMTA a 20 kV, de 90 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 62-34-1 proxectado na LMTA CBA-807 e final no apoio nº 62-34 proxectado.

– CTC prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 17 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/1230-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CBA-807 Agualada.

Concello: Coristanco.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Número de predio: 2.

Lugar: Agualada.

Cultivo: prado.

Nome e apelidos: María Josefa Nieto Mira.

Apoio número 62-34-metros cadrados: 2.0.

Número de predio: 3.

Lugar: rúa do Marco.

Cultivo: horta.

Nome e apelidos: María Pose García.

Apoio número 62-34-1. Paso aéreo a subterráneo-metros cadrados: 10.0.

Afeccións: metros lineais subterráneos 2.0-metros cadrados subterráneos 6.0.