Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54012

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 18 de novembro de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres, devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-02020-O-2016 e sete máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-02020-O-2016 e sete máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto de que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 18 de novembro de 2016

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02020-O-2016

B-6507-WH

Constructora Dalza, S.L.

B70185103

Levar mal colocado o disco diagrama no aparello de control, impedindo a súa lectura.

13.5.2016; 19.19:00; DP-7203; 1,5

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

XC-02153-I-2016

2778FYB

Ramón Canosa Santos

76341436C

Realizar transporte público ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

7.9.2016; 9.33.00; AC-551M; 1.000

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

XC-02259-O-2016

M-0327-UT

AC Tres Hispanorte, S.L.U.

B27456680

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

1.6.2016; 9.42.00; SC-20; 2,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02279-O-2016

4188-JJD

González Muriel, Ángel David

50601921N

Diminución do descanso diario reducido en máis de 2 horas (sobre 9 horas). Igual ou superior a 4 horas e 30 minutos e inferior a 6 horas.

24.5.2016; 4.53.00; N550; 48,5

Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.500 euros

XC-02280-O-2016

4188-JJD

González Muriel, Ángel David

50601921N

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

24.5.2016; 4.56.00; N550; 48,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02284-O-2016

6529-CCW

Brea y Otero, S.L.

B70371240

A falta de consignación da data de comezo ou final de utilización dunha folla de rexistro ou documento de impresión dos tempos de condución e descanso.

1.6.2016; 10.23.00; estrada local Santiago-trazo 2,5

Art. 141.12 LOTT

Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

XC-02291-O-2016

8689-BFW

L 2015, S.L.

B27824580

Atenuante-realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

3.6.2016; 13.17.00 AC-12; 4,3

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT

Art. 143.1.f) LOTT

801 euros

XC-02318-O-2016

0188-FCP

Lodri 2015, S.L.

B70448550

Insuficiente papel de impresión no vehículo.

31.5.2016; 12.12.00; AP 9; 79,5

Art. 142.3 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

301 euros