Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 7 de novembro do 2016, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se somete a trámite de información pública o expediente de reestruturación do contrato de xestión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0640; XG-042, Vila de Cruces-Bermés-Lalín, con anexos de Transportes Mosquera, S.L.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse o expediente de reestruturación do contrato de xestión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0640; XG-042, Vila de Cruces-Bermés-Lalín, con anexos.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 1º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.pontevedra@xunta.es

Pontevedra, 7 de novembro de 2016

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra