Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-111/2015 RE e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 18 de novembro de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-111/2015 RE.

Denunciados: Vasile Scripcariu/Stefan Plesca.

Acto notificado: resolución de expediente.

Expediente: OU-12/2016 RE.

Denunciados: Ionel Marius Soucaliuc/Rodica Liliana Plesca.

Acto notificado: resolución de expediente.