Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 493/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Montes Feito contra Input Output Friends, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:
«Sentenza: 310/2016.
Despido/cesamentos en xeral 493/2016.
Sobre: despedimento.
Demandante: Daniel Montes Feito.
Avogado: Manuel Lobato Iglesias.
Demandados: Input Output Friends, S.L.U., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).
Avogado/a: Fogasa.
Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016.
Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 493/2016, sobre despedimento, seguidos por instancia de Daniel Montes Feito, asistido polo letrado Diego Rodríguez Sánchez, contra a empresa Input Output Friends, S.L.U. e o Fogasa.
Resolución:
Estímase a demanda interposta por Daniel Montes Feito contra empresa Input Output Friends, S.L.U. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 16 de maio de 2016 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita o traballador demandante nas mesma condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 41,48 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 1.711,05 euros por despedimento improcedente, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.
A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco (5) días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que tivese optado entenderase que procede a readmisión.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».
E para que sirva de notificación en legal forma a Input Output Friends, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016
A letrada da Administración de xustiza