Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 53998

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 112/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 112/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo Romero Mato contra Ana Ribadeneira Pérez, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Gonzalo Romero Mato presentou demanda de execución fronte a Ana Ribadeneira Pérez.

Segundo. Ditouse auto en que se despachaba execución con data do 22 de xullo de 2016 por un total de 4.584,84 euros, máis 670,76 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 300 euros de honorarios do letrado do demandante, máis 525,56 de xuros e custas calculadas de forma provisional.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de embargo e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, o/a letrado/a da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Ana Ribadeneira Pérez en situación de insolvencia total por importe de 4.584,84 euros, máis 670,76 euros de xuro do artigo 29.3 do ET, máis 300 euros de honorarios do letrado do demandante, máis 525,56 de xuros e custas calculadas de forma provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Ana Ribadeneira Pérez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza