Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53831

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 712/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 712/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Agustín Iglesias Otero contra Segrapel, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Citar as partes para que comparezan o día 14.12.2016, ás 10.15 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, ao acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, ás 10.20 horas del mismo día, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, ao acto de xuízo.

– Advírtanse as partes que, en caso de non compareceren nin alegaren xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, se considerará que o demandante non comparecido desiste da súa demanda, e non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo a incomparecencia do demandado, e continuará o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a, representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio, para efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

– Antes da notificación desta resolución ás partes, dou conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Segrapel, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza