Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 32/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 32/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Sexto Míguez contra Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), Don Vaquero Sport Wear, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva

Acordo suspender os actos de conciliación e xuízo, que estaban sinalados para o día de hoxe, e sinalar o próximo día 21.12.2016, ás 11.45 horas, para a celebración da conciliación, e o mesmo día ás 11.50 horas para a celebración do xuízo. Este edicto servirá en forma para a súa citación. Cítanse os demandados por medio de edictos que se publicarán no taboleiro de anuncios do xulgado e no BOP.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Don Vaquero Sport Wear e Denim Sport Wear, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

A letrada da Administración de xustiza