Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53820

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 114/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 114/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea Mourelos Pandea contra Iglesias Garaboa y Otra, C.B., José Antonio Iglesias Garaboa, se ditou decreto con data do 21 de outubro de 2016, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Acordo:

Declarar os executados Iglesias Garaboa y Otra, C.B., José Antonio Iglesias Garaboa, en situación de insolvencia total por importe de 8.189,88 € (1.651,32 € en concepto de indemnización + 6.538,56 € en concepto de salarios de tramitación) en concepto de principal, máis outros 818,99 € euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional».

E para que sirva para os efectos de publicidade, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016.

A letrada da Administración de xustiza