Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 7 de decembro de 2016 Páx. 53784

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 1 de decembro de 2016 pola que fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

A Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 143, do 29 de xullo), establece no seu artigo 1.3, no cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións, como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins como consecuencia dos remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo a créditos incluídos no mesmo programa e servizo, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da dita orde, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de persoas beneficiarias posible.

Por todo o exposto e en uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL), regulado na Orde do 1 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016:

09.40.322C 470.2, código de proxecto 2015 00561, na contía de 73.000 €.

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria