Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53648

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 29 de novembro de 2016 pola que se reaxusta o crédito entre medidas de agroambiente e clima e agricultura ecolóxica, relativas á convocatoria 2016 da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

A Orde da Consellería do Medio Rural do 29 de xaneiro de 2016 (DOG núm. 20, do 1 de febreiro) regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión, para o ano 2016, das axudas previstas dentro do réxime do pagamento único e doutros réximes de axuda directa á agricultura e gandaría, e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Na súa disposición adicional primeira precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas.

No parágrafo b) aplicación 13.80.712B.772.1, puntos 4º e 5º, figuran as axudas da medida de agroambiente e clima e agricultura ecolóxica (novos compromisos), respectivamente.

Estas axudas son de carácter plurianual e tramítanse en réxime de concorrencia competitiva aplicando os criterios de priorización previstos nos artigos 71 e 84 da citada orde.

Analizadas as solicitudes presentadas para a liña de «Mantemento de agricultura ecolóxica», comprobouse que a axuda solicitada por todas elas é inferior á dotación orzamentaria prevista. Pola contra, as solicitudes de axuda recibidas na medida de agroambiente e clima, para as liñas de «Apicultura para conservación da biodiversidade en zonas con limitacións naturais» e «Razas autóctonas en perigo de extinción» superan a súa dotación orzamentaria. Á vista do anterior, considerouse necesario tramitar un movemento ou reaxuste entre os correspondentes proxectos orzamentarios, que permitirá optimizar o uso dos fondos dispoñibles, garantindo plenamente os dereitos dos solicitantes da axuda de «Mantemento de agricultura ecolóxica», ao tempo que se incrementa o número de beneficiarios das axudas de «Apicultura para conservación da biodiversidade en zonas con limitacións naturais» e «Razas autóctonas en perigo de extinción».

En relación co exposto, a Consellería de Facenda autorizou o seguinte movemento entre proxectos da aplicación 13.80.712B.772.1, Agricultura ecolóxica e ambiente e clima.

Movemento negativo: punto 5º Axudas da medida agricultura ecolóxica:

2016

2017

2018

2019

2020

2021

-60.000,00

-540.000,00

-600.000,00

-600.000,00

-600.000,00

-600.000,00

Movemento positivo: punto 4º Axudas da medida agroambiente e clima:

2016

2017

2018

2019

2020

2021

60.000,00

540.000,00

600.000,00

600.000,00

600.000,00

600.000,00

En consecuencia, e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Reaxuste de crédito

1. A dotación orzamentaria prevista para as axudas especificadas no título III da Orde do 29 de xaneiro de 2016 (DOG núm. 20, do 1 de febreiro), conforme a disposición adicional primeira, parágrafo 2, alínea b), punto 4º, da dita orde, increméntase nos seguintes importes:

4ª. Axudas da medida de agroambiente e clima (novos compromisos), por importe de sesenta mil (60.000,00) euros no ano 2016; para o ano 2017, cincocentos corenta mil (540.000,00) euros; para o ano 2018, seiscentos mil (600.000,00) euros; para o ano 2019, seiscentos mil (600.000,00) euros; para o ano 2020, seiscentos mil (600.000,00) euros; e para o ano 2021, seiscentos mil (600.000,00) euros.

Polo que o importe total despois deste incremento é:

4º. Axudas da medida de agroambiente e clima (novos compromisos), por importe de cincocentos cincuenta e un mil setecentos sete con dezaseis (551.707,16) euros no ano 2016; para o ano 2017, catro millóns novecentos sesenta e cinco mil trescentos sesenta e catro con corenta e catro (4.965.364,44) euros; para o ano 2018, cinco millóns cincocentos dezasete mil setenta e un con sesenta (5.517.071,60) euros; para o ano 2019, cinco millóns cincocentos dezasete mil setenta e un con sesenta (5.517.071,60) euros; para o ano 2020, cinco millóns cincocentos dezasete mil setenta e un con sesenta (5.517.071,60) euros; e para o ano 2021, cinco millóns cincocentos dezasete mil setenta e un con sesenta (5.517.071,60) euros.

2. A dotación orzamentaria prevista para as axudas especificadas no título III da Orde do 29 de xaneiro de 2016 (DOG núm. 20, do 1 de febreiro), conforme a disposición adicional primeira, parágrafo 2, alínea b), punto 5º, da dita orde, redúcese nos seguintes importes:

5º. Axudas da medida de agricultura ecolóxica (novos compromisos), por importe de sesenta mil (60.000,00) euros no ano 2016; para o ano 2017, cincocentos corenta mil (540.000,00) euros; para o ano 2018, seiscentos mil (600.000,00) euros; para o ano 2019, seiscentos mil (600.000,00) euros; para o ano 2020, seiscentos mil (600.000,00) euros; e para o ano 2021, seiscentos mil (600.000,00) euros.

Polo que o importe total despois desta reducción é:

5º. Axudas da medida de agricultura ecolóxica (novos compromisos), por importe de cento noventa mil (190.000,00) euros no ano 2016; para o ano 2017, un millón setecentos dez mil (1.710.000,00) euros; para o ano 2018, un millón novecentos mil (1.900.000,00) euros; para o ano 2019, un millón novecentos mil (1.900.000,00) euros; para o ano 2020, un millón novecentos mil (1.900.000,00) euros; e para o ano 2021, un millón novecentos mil (1.900.000,00) euros.

3. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Artigo 2. Ausencia de efectos sobre o prazo de solicitudes

A redistribución de crédito previsto no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na devandita Orde do 29 de xaneiro de 2016 (DOG núm. 20, do 1 de febreiro).

Artigo 3. Recursos

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes desde a súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ser impugnada directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural