Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53652

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2016 pola que se pon fin ao proceso de selección de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para beneficiarios dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius.

A Axencia Galega de Innovación (Gain), dada a súa condición de organismo público de investigación tal e como recolle a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño, de ciencia, tecnoloxía e innovación.

Por Resolución do 8 de agosto de 2016 (DOG núm. 155, do 18 de agosto), anunciouse a convocatoria de persoal investigador, conforme ao establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do Programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia (programa Oportunius).

Finalizado o proceso de selección e de acordo co sinalado nos puntos 9 e seguintes da convocatoria, os órganos de selección elevaron á Dirección da Axencia Galega de Innovación a proposta a favor dos/das aspirantes seleccionados.

Por todo iso, en virtude das atribucións que me confire o Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal laboral da Axencia Galega de Innovación, na modalidade de investigador distinguido, ás persoas que se indican no anexo.

Segundo. De acordo co disposto no apartado 11 das bases, declarar deserta unha praza do dominio de Ciencias Físicas e Enxeñaría.

Terceiro. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada perante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes a contar desde o seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

O director da Axencia Galega de Innovación
P.D. (Orde do 8.7.2016; DOG núm. 131, do 12 de xullo)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Dominio ERC de Ciencias Físicas e Enxeñaría: Diego Martínez Santos (34638340H).

Dominio ERC de Ciencias Sociais e Humanidades: Elena Ojea Fernández-Colmeiro (36172910M).