Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53694

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (TCD 180/2015/01).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de terzaría de dominio 180/2015/01 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Benito Rodríguez Gómez contra a empresa Talleres J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando, para efectos prexudiciais, a demanda de terzaría de dominio interposta pola entidade Santander Consumer Renting, S.L., debo ordenar e ordeno que, unha vez firme esta resolución, se alcen os embargos trabados e se cancelen as anotacións preventivas de embargo que se practicasen no seo da presente execución con respecto aos seguintes bens:

– Vehículo marca Hyundai, modelo 140, matrícula 8391 HMG, con número de bastidor KMHLC81UACU041041.

– Vehículo marca Hyundai, modelo 140, matrícula 8326 HMG, con número de bastidor KMHLC81UACU041143.

– Vehículo marca Hyundai, modelo 140, matrícula 8329 HMG, con número de bastidor KMHLC81UACU041397.

– Vehículo marca Hyundai, modelo 140, matrícula 8390 HMG, con número de bastidor KMHLC81UACU041032.

Notifíquese a presente resolución ás partes comparecidas, facéndolles saber que contra ela poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo de tres días seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente tiver incorrido a resolución impugnada, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos (artigo 186 e 187 da LXS).

Así o acorda, manda e asina, Javier Fraga Mandián, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O maxistrado xuíz. A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial e no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza