Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 22 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Medios, polo que se notifica a execución da sanción imposta no expediente sancionador SXMEDIOS 6/2015 en materia de prestación do servizo de comunicación audiovisual, no que se refire á precintaxe provisional dos equipamentos e instalacións utilizados para a emisión.

Tras intentar a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a execución da sanción imposta no expediente sancionador SXMEDIOS 6/2015 nos termos que a continuación se especifican.

Expediente: SXMEDIOS 6/2015.

Denunciado: Faustino Louzao Pan.

Precepto infrinxido: artigo 57.6 da Lei 7/2010, xeral de comunicación audiovisual.

Sanción imposta: 100.001 euros, cesamento de emisións e precintaxe provisional dos equipamentos e instalacións utilizados para a emisión.

Sanción que se vai executar: precintaxe provisional dos equipamentos e instalacións utilizados para a emisión.

Lugar de comparecencia: instalacións situadas no lugar de Domaio-Monte Faro, concello de Moaña (Pontevedra).

Data e hora de comparecencia: 24 de xaneiro de 2017 ás 11.00 horas.

Órgano de tramitación: Secretaría Xeral de Medios. Subdirección Xeral de Enxeñaría e Planificación de Radio, Televisión e Multimedia.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2016

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios