Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53575

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2016 pola que se notifica a resolución ditada no expediente IG179.2016.1.168.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, notifícaselle ao interesado o contido da resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

O acto obxecto deste anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselle ao interesado de que contra a resolución, a cal esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución recorrida, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG179.2016.1.168

Economistas del Atlántico, S.L.

Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes (Re-solve 2016) (Resolución do 16 de decembro de 2015, DOG núm. 247, do 29 de decembro)

13.7.2016

Director xeral do Igape

Resolución de concesión de axuda