Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2016 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento e a resolución de retención de pagamento do expediente IG206.2014.1.120 e un máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución, que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas e suspender os pagamentos ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas, os titulares dos expedientes, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG206.2014.1.120

Arconor Organización, Comunicación y Mercados, S.L.

Programa microcréditos-bonificación dos custos do financiamento das microempresas titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € con fondos do ICO 2014 (Resolución do 26 de maio de 2014, DOG núm. 103, do 2 de xuño)

27.9.2016

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG206.2015.1.65

Calzados Star, S.C.

Programa microcréditos-bonificación dos custos do financiamento das microempresas titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € con fondos do ICO 2014 (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG núm. 115, do 19 de xuño)

26.9.2016

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos