Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53448

III. Outras disposicións

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2016 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, establece no seu articulado a necesidade da aprobación dun protocolo de avaliación por parte da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), como órgano encargado de realizar a valoración previa da actividade docente, investigadora e de xestión, necesaria para a asignación das retribucións adicionais reguladas polo mencionado decreto.

Mediante Resolución do 10 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia, publícase o convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Innovación e Industria, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, polo que se modifica o convenio do 30 de xaneiro de 2001 para a creación do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (DOG do 20 de xaneiro de 2009). A disposición transitoria terceira do citado convenio establece que mentres a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) non adopte os procedementos e protocolos de avaliación, informe, certificación, acreditación e verificación a que fai referencia o artigo 23 dos estatutos, seguiranse aplicando os establecidos polas normas en vigor, en canto non contradigan o establecido pola Lei orgánica 6/2001, de universidades, na súa redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a anterior.

De acordo co anterior, a avaliación das actividades docentes e investigadoras, previa á asignación das retribucións adicionais vinculadas ao recoñecemento da excelencia curricular docente e investigadora dos profesores pertencentes ao Sistema Universitario de Galicia, levarase a cabo de acordo co disposto na Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola CGIACA, relativo aos criterios e méritos de valoración e aos procedementos para solicitar a valoración previa e a asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión (DOG do 26 de outubro).

De acordo co establecido no artigo 5.2 da devandita orde, por acordo da CGIACA do 4 de outubro de 2016, establecéronse os méritos que poderán ser obxecto de valoración adicional e que se incorporan á presente resolución como anexos I e II.

De conformidade co establecido na citada Orde do 16 de outubro de 2006, o Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia convocará, mediante resolución, a apertura do prazo para a presentación de solicitudes para a asignación dos complementos retributivos.

Mediante Resolución do 21 de setembro de 2006 (DOG do 3 de outubro) publícanse os acordos do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, polos que se delega na súa presidencia a realización das convocatorias anuais de valoración previa á asignación de complementos retributivos, polo que, en virtude das citadas competencias delegadas,

RESOLVO:

Primeira. Obxecto

Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora establecido no artigo 2.3 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.

Segunda. Destinatarios

De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, poderá solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor das universidades públicas que compoñen o Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Terceira. Requisitos

De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, o artigo 6.3 da mesma disposición, así como co disposto polo artigo 2.1 da Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración previa á asignación dos complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, e de recoñecemento polos cargos de xestión, para obter a valoración, será necesario:

1. Estar integrado no cadro do persoal docente e investigador, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia.

Cando o persoal docente e investigador, que cumprindo todos os requisitos para a solicitude do complemento, se atopase en situación de servizos especiais ou comisión de servizos, poderá presentar igualmente solicitude para a avaliación do período convocado. Non obstante, os efectos económicos resultantes da devandita avaliación iniciaranse no momento da reincorporación ao seu posto na correspondente institución universitaria.

2. Que a praza do solicitante sexa fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei.

3. Acreditar polo menos un ano de servizo na súa praza, cumprido no 31 de decembro de 2015.

4. Ter recoñecidos, con efectos do 31 de decembro de 2015, dous quinquenios de docencia pola universidade.

5. Ter recoñecido, con efectos do 31 de decembro de 2015, un sexenio de investigación pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI).

6. Valoración positiva dos méritos nos cales sustente a solicitude a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación na Orde do 16 de outubro de 2006.

Cuarta. Período de avaliación

1. Os méritos que se valoran, de entre os aprobados pola CGIACA e recollidos nos anexos I e II da presente resolución, estarán comprendidos no período 2011-2015.

Con carácter excepcional, os solicitantes que durante o devandito período desfrutasen de permisos de baixa maternal ou paternal poderán incorporar méritos realizados ao longo dun intervalo temporal idéntico ao de duración da baixa e inmediatamente anterior ao inicio do período de avaliación da presente convocatoria. Neste caso, será necesario incorporar xustificación do gozo do referido permiso.

2. De acordo co establecido no artigo 4.3 da Orde do 16 de outubro de 2006, transcorridos un mínimo de tres anos desde a obtención da avaliación e sempre e cando nese período obtivesen un novo tramo docente ou de investigación, os interesados poderán solicitar unha reavaliación. Para estes efectos, os méritos que se van valorar estarán comprendidos igualmente no período 2011-2015. Esta nova avaliación substituirá, para todos os efectos, a anteriormente acadada.

Quinta. Formalización e presentación das solicitudes

1. Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a instancia e a relación de méritos, nos modelos dispoñibles na aplicación informática (anexos III e IV), á que se poderá acceder a través da páxina web www.acsug.es. Non se valorarán os méritos que non foran incorporados telematicamente.

2. Unha vez cubertos os impresos (anexos III e IV) telematicamente, deberán imprimirse e presentarse nos lugares sinalados no número 4, debidamente asinados.

3. Xunto cos impresos sinalados no número anterior (anexos III e IV) e sempre que estes non fosen remitidos telematicamente a través da plataforma informática, deberá presentarse a documentación que se relaciona a continuación:

– Copia do DNI ou documento equivalente, só no caso de denegar expresamente á ACSUG a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade, de conformidade co disposto no Decreto 255/2008, do 23 de outubro (DOG do 13 de novembro).

– Documentación acreditativa dos citados méritos curriculares presentados. As certificacións relativas aos quinquenios e aos sexenios, só terán que presentarse no caso de lle denegar expresamente á ACSUG a súa consulta.

– Documentación acreditativa, se é o caso, do desfrute de permiso por baixa maternal ou paternal no período 2011-2015.

– Currículum vítae completo actualizado en calquera dos formatos existentes (ANEP, Dirección Xeral I+ D, etc.).

– Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.

4. A presentación dos anexos III e IV e, de ser o caso, a documentación complementaria sinalada no número 3 presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia https:/sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou a o enderezo electrónico 012@xunta.gal

Sexta. Modelos normalizados

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.

Sétima. Consentimentos e autorizacións

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos en poder das administracións públicas. Só no caso de oposición expresa no modelo de solicitude, as persoas interesadas deberán achegar os documentos acreditativos correspondentes. No caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a súa presentación.

Oitava. Notificacións

1. Notificaranse ás persoas interesadas as resolucións e actos administrativos que afecten os seus dereitos e intereses, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de Notificación Electrónica de Galicia-Notifica, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante un correo electrónico dirixido á conta de correo que conste na solicitude para efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Dado que a notificación por medios electrónicos neste caso é de carácter obrigatorio, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, procederase a efectuar a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Novena. Prazo

O prazo para presentar as instancias en que soliciten a asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora será do 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Décima. Admisión a trámite e emenda das solicitudes

1. A ACSUG comprobará que as solicitudes presentadas en prazo cumpran cos requisitos establecidos pola Orde do 16 de outubro de 2006 e demais normativa de aplicación, necesarios para admitilas a trámite.

2. A emenda dos defectos apreciados na documentación entregada deberana realizar os interesados no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento de emenda, consonte o disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de non atender ao devandito requirimento, entenderase que desisten da súa petición.

3. Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirá ningunha documentación xustificativa dos méritos curriculares alegados. As correspondentes avaliacións faranse consonte os xustificantes dos méritos que achegasen os interesados ata ese momento.

4. Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, a ACSUG poderá comprobar os datos alegados, así como aqueles datos académicos e de investigación relevantes para a avaliación, solicitando información para tal efecto ás distintas institucións implicadas. Do mesmo xeito, a ACSUG poderá requirir dos solicitantes as aclaracións e concrecións que considere oportunas en relación cos méritos alegados e xustificados.

Décimo primeira. Procedemento

O procedemento para a tramitación das solicitudes farase de conformidade co regulado na Orde do 16 de outubro de 2006.

Décimo segunda. Acordos de avaliación

1. De conformidade co establecido no artigo 22 dos estatutos da ACSUG, correspóndelle á CGIACA a competencia para a emisión das avaliacións a que se fai referencia na base primeira.

2. Os acordos de valoración adoptados pola CGIACA serán notificados a cada solicitante persoal e directamente nos cinco meses seguintes ao peche do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do disposto na disposición adicional vixésimo primeira da Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 13 de abril). Transcorrido este prazo sen que se dite resolución expresa, os/as interesados/as poderán entender rexeitadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, os acordos de valoración adoptados, cando resulten positivos, serán notificados directamente pola ACSUG ás correspondentes universidades, para que se proceda, se é o caso, por parte dos seus consellos sociais, á asignación singular e individual dos referidos complementos.

Décimo terceira. Recurso

1. Os acordos adoptados pola CGIACA esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, poderá recorrerse contra eles en reposición ante o mesmo órgano que os ditou ou seren impugnados directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, consonte o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

2. Quen desexe interpoñer un recurso de reposición poderao facer desde a mesma aplicación informática en que formalizou a súa solicitude. Este recurso, unha vez cuberto telematicamente, deberá imprimirse, asinarse e presentarse consonte ao establecido no número 4 da base quinta.

Décimo cuarta. Efectos económicos

1. Cando, de conformidade co disposto na base décimo segunda, se proceda á asignación do complemento de recoñecemento á excelencia curricular, o pagamento das correspondentes retribucións farase nas cantidades establecidas na Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, e cos seguintes efectos retroactivos:

– O 1 xullo de 2016, para aqueles que solicitasen por primeira vez o complemento na convocatoria de 2006 e a renovación do mesmo na convocatoria de 2011.

– O 1 de xaneiro de 2016, para o resto dos solicitantes

2. Os membros dos órganos da ACSUG non poderán solicitar a renovación do complemento mentres se manteñan no desempeño dos seus cargos, polo que se prorrogarán os efectos económicos íntegros do complemento que tivesen recoñecidos ata que se produza o seu cesamento. Producido este, deberán presentarse á reavaliación na primeira convocatoria publicada.

Décimo quinta. Protección de datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento, cuxo tratamento e publicación nos casos en que así o prevé a norma reguladora, autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Complementos retributivos», co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a ACSUG, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, Lamas de Abade, s/n, CIFP Compostela, 5º andar, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a acsug@acsug.es

Décimo sexta. Entrada en vigor

A presente resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2016

María Patrocinio Morrondo Pelayo
Presidenta do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade
do Sistema Universitario de Galicia

ANEXO I
Méritos da actividade docente
Período 2011-2015

Puntuación máxima:

por ítem

Puntuación máxima:

por tipo

1. Amplitude, intensidade e tipo de docencia no período de cinco anos avaliado (docencia en diplomatura, licenciatura, grao, posgrao, doutoramento ou equivalentes: máx. 10; tipo de docencia: teórica, práctica, dirección de TFG e outras actividades docentes EEES recollidas en POD: máx. 15; diversidade de materias e outras actividades docentes (como, por exemplo, dirección de TFM, etc): máx. 10.

35

35

2. Creación de materiais docentes para a docencia universitaria: manuais, unidades didácticas, libros, capítulos de libros, artigos relacionados directamente coa docencia, traducións, software e outro material para a docencia.

20

30

3. Implicación na mellora da actividade docente universitaria1:

30

a) Coordinación de curso

10

b) Coordinación de grao ou equivalente

15

c) Coordinación de máster ou equivalente

20

d) Coordinación de programas de doutoramento

20

e) Plan de acción titorial

10

f) Responsable de calidade de centro (PRCC)

10

4. Participación en actividades de formación:

4.1. Actividades de formación docente

30

a) Dirección de cursos de formación docente de, polo menos, 20 horas

5

b) Impartición de cursos de formación docente de, polo menos, 4 horas

10

c) Asistencia a cursos de formación docente de, polo menos, 8 horas

5

15

4.2. Actividades de formación Investigadora

a) Teses doutorais dirixidas e defendidas2

20

40

b) Impartición de cursos de formación de investigadores

15

15

5. Actividades de prácticas externas e mobilidade

30

5.1. Coordinación e titorización de programas de prácticas en empresas e institucións (regulados mediante convenios ou certificación de órgano colexiado académico)1

15

15

5.2. Coordinación e titorización de proxectos de intercambio de estudantes: Erasmus, Erasmus Mundus, etc.1

15

15

5.3. Participación dos docentes en programas de intercambios internacionais e/ou inter universitarios1

10

20

6. Participación en actividades de innovación docente:

30

6.1. Proxectos competitivos de innovación docente

15

6.2. Participación en comités de autoavaliación, comités externos de avaliación, comisións de normalización lingüística, comisións de avaliación do profesorado, grupos de innovación docente, etc., de relevancia docente1

10

7. Outras actividades relacionadas coa docencia:1

20

7.1. Premios e distincións relacionados coa actividade docente

10

7.2. Participación en actividades docentes por invitación

5

7.3. Redes docentes

10

7.4. Actividades de divulgación docente

5

7.5. Outras actividades

5

8. Actividades que fomenten o uso do galego na docencia universitaria3

***

***

9. Valoración da actividade docente universitaria4:

30

9.1. Opinión dos estudantes respecto á docencia impartida polo profesorado

Media superior titulación e universidade

15

Media superior universidade

10

9.2. Valoración obtida no Programa Docentia5

Excelente

30

Notable

25

Aceptable

20

1 Sempre e cando o seu desempeño non sexa consecuencia da ocupación dun determinado cargo académico.

2 As teses de doutoramento poden ser incluídas tamén como méritos investigadores. O solicitante poderá decidir incluílas na epígrafe de docencia ou na de investigación, pero en ningún caso poderán ser alegadas en ambas epígrafes polo mesmo solicitante, aínda tratándose de teses diferentes.

3 Tendo en conta que neste punto se porán presentar méritos de diferentes tipos correspondentes a calquera dos puntos anteriores, o valor máximo será o que corresponda ao tipo de mérito alegado.

4 Deberá optarse por presentar as enquisas de estudantes ou a valoración obtida no Programa Docentia. En ningún caso se terán en conta ambos os méritos.

5 Só poderán achegar este mérito os solicitantes que obtivesen a avaliación dunha convocatoria posterior ao 18.5.2011, de xeito que se garanta que se cumpra cos requisitos establecidos no documento do proceso de certificación dos modelos de avaliación da actividade docente do profesorado universitario (Programa Docentia).

ANEXO II
Méritos da actividade investigadora e de transferencia do coñecemento
Período 2011-2015

Puntuación máxima:

por ítem

Puntuación máxima:

por tipo

1. Actividade investigadora

1.1. Teses de doutoramento dirixidas e defendidas1

20

40

1.2. Proxectos/convenios-contratos con empresas-institucións

60

a) Proxectos competitivos de ámbito internacional

Dirección

30

Participación

15

b) Proxectos competitivos do Plan nacional

Dirección

20

Participación

10

c) Redes de excelencia do Plan nacional

Dirección/coordinación

20

Participación

10

d) Proxectos competitivos autonómicos

Dirección

15

Participación

10

e) Axudas á consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas do SUG

Dirección/coordinación

20

Participación

10

f) Coordinador partner internacional

20

g) Convenios ou contratos con empresas ou institucións

Dirección

10

Participación

5

1.3. Participación en congresos, simposios ou equivalentes

20

a) Impartición de conferencias plenarias ou relatorios por invitación en congresos, simposios ou equivalentes

15

b) Outras intervencións relevantes

10

1.4. Organización da investigación:

40

a) Responsable de organización de eventos científicos e culturais de relevancia internacional (o comité organizador será unha institución internacional ou de composición internacional)

15

b) Director, editor ou membro de comités de edición ou de redacción de revistas ou editoriais de ámbito internacional

15

c) Organización/dirección de expedicións científicas, escavacións arqueolóxicas relevantes, etc.

15

d) Premios e distincións relevantes relacionados coa actividade investigadora

15

e) Outros méritos de investigación

15

1.5. Mobilidade

Estadías de investigación en centros estranxeiros de prestixio (mínimo 1 mes)2

4 puntos por mes

20

1.6. Actividades que fomenten o uso do galego na investigación3

***

***

2. Transferencia e divulgación do coñecemento

2.1. Transferencias tecnolóxicas

15

2.2. Patentes recoñecidas

15

2.3. Comisario ou organizador de exposicións de relevancia estatal ou internacional

15

2.4. Informes relevantes

10

2.5. Estudos relevantes para o desenvolvemento social, económico, científico e cultural de Galicia

15

2.6. Creación de empresas de base tecnolóxica que supoñan transferencia de tecnoloxía

20

2.7. Divulgación do coñecemento

15

2.8. Conferencias e cursos de divulgación científica

5

10

2.9. Outros méritos de transferencia e divulgación do coñecemento

15

2.10. Actividades que fomentan o uso do galego na transferencia e divulgación do coñecemento3

***

***

1 As teses de doutoramento poden ser incluídas tamén como méritos investigadores. O solicitante poderá decidir incluílas na epígrafe de docencia ou na de investigación, pero en ningún caso poderán ser alegadas en ambas as epígrafes polo mesmo solicitante, aínda tratándose de teses diferentes.

2 Neste punto pode incluírse a totalidade das estadías cunha duración mínima dun mes do período que se vai avaliar. A devandita suma computará como un só mérito.

3 Tendo en conta que neste punto se poderán presentar méritos de diferentes tipos correspondentes a calquera dos puntos anteriores, o valor máximo será o que corresponda ao tipo de mérito alegado.

missing image file
missing image file
missing image file