Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53487

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2016 pola que se modifica o artigo 22 da Resolución do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2016-2017, para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración de biomasa, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

1. Mediante a Resolución do 11 de agosto desta dirección, referida no encabezamento, publicada no Diario Oficial de Galicia número 171, do 8 de setembro de 2016, acordouse a aprobación das bases reguladoras xunto coa convocatoria de subvencións, cuxo procedemento administrativo de concesión se tramitará en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa.

2. Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria, 4.500.000 euros, faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para os anos 2016 e 2017, sendo a procedencia dos fondos de diversa natureza: fondos da Comunidade Autónoma, fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e fondos dos orzamentos xerais do Estado.

3. No transcurso do procedemento administrativo de concesión das axudas, cando xa rematou o prazo de presentación de solicitudes (8.10.2016), nalgunha das epígrafes o número de solicitantes é inferior ao agardado, mentres que noutros o volume de axuda solicitada superou a dispoñibilidade orzamentaria, polo que cómpre facer unha redistribución de fondos entre as distintas epígrafes e ampliar o crédito orzamentario.

4. O artigo 3 da resolución, relativo ao financiamento, no parágrafo segundo establece que o crédito máximo poderá ser redistribuído se nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles ou a calidade dos proxectos solicitados non alcanza a puntuación mínima exixida.

Nese mesmo artigo establécese a posibilidade de incrementar o crédito coa condición dunha maior dispoñibilidade derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Por todo o anterior, coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recurso públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética, atendendo á totalidade das solicitudes en cada unha das epígrafes da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Ampliar a dotación de fondos inicialmente prevista para esta convocatoria na contía de 994.000 euros na anualidade 2016. O importe total asignado para estas axudas tras esta ampliación ascende a 5.494.000 euros.

Segundo. Ampliados os fondos, estes redistribúense, en función do volume de solicitudes por tipoloxía de beneficiario, do seguinte xeito:

Axudas a proxectos de redes de distribución de calor con biomasa

Dotación orzamentaria inicial

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Anualidade
2016

Anualidade
2017

Total

Administración pública autonómica

09.A2.733A.714.2

1.500.000,00

100.000,00

1.600.000,00

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

1.650.000,00

115.000,00

1.765.000,00

Empresas

09.A2.733A.770.5

1.000.000,00

70.000,00

1.070.000,00

Institucións sen ánimo de lucro

09.A2.733A.781.1

59.658,00

5.342,00

65.000,00

Total

4.209.658,00

290.342,00

4.500.000,00

Modificacións

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Anualidade
2016

Anualidade
2017

Total

Administración pública autonómica

09.A2.733A.714.2

-1.286.890,60

-88.109,40

-1.375.000,00

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

715.987,93

17.012,07

733.000,00

Empresas

09.A2.733A.770.5

1.624.560,67

76.439,33

1.701.000,00

Institucións sen ánimo de lucro

09.A2.733A.781.1

-59.658,00

-5.342,00

-65.000,00

Total

994.000,00

0,00

994.000,00

Dotación orzamentaria final

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Anualidade
2016

Anualidade
2017

Total

Administración pública autonómica

09.A2.733A.714.2

213.109,40

11.890,60

225.000,00

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Anualidade
2016

Anualidade
2017

Total

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

2.365.987,93

132.012,07

2.498.000,00

Empresas

09.A2.733A.770.5

2.624.560,67

146.439,33

2.771.000,00

Institucións sen ánimo de lucro

09.A2.733A.781.1

0,00

0,00

0,00

Total

5.203.658,00

290.342,00

5.494.000,00

Terceiro. A eficacia da presente resolución producirase coa súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia