Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53367

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (586/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 586/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Rouco Ferreiro contra Masalo 10, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou sentenza do 7 de novembro de 2016, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Decido:

Estímase a demanda interposta por Daniel Rouco Ferreiro contra a empresa Masalo 10, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuado pola demandada con efectos do 30 de xuño de 2016, e en consecuencia debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 15,09 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 1.576,55 euros por despedimento improcedente; sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase entenderase que procede a readmisión.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela».

Para que sirva de notificación en legal forma a Masalo 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza