María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 587/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ángel Fernández Mariño contra Masalo 10, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, ditouse sentenza o 7 de novembro de 2016, cuxa resolución é do teor literal seguinte:
«Resolución.
Estímase a demanda interposta por Manuel Ángel Fernández Mariño contra a empresa Masalo 10, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 30 de xuño de 2016 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesma condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 10,96 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 6.858,22 euros por despedimento improcedente, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.
A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que tivese optado, entenderase que procede a readmisión.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela».
E para que sirva de notificación en legal forma a Masalo 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016
A letrada da Administración de xustiza