Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 4 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación que iso implica, relacionadas co proxecto de repotenciación do parque eólico Serra da Panda, nos concellos de Mañón e Ortigueira, na provincia da Coruña (expediente IN661A 2016/1-1).

Consideracións legais.

En cumprimento do disposto na lexislación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico de Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establece o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sométese a información pública a solicitude presentada pola empresa Iberdrola Renovables Galicia, S.A.U. para as instalacións que se describen a continuación:

Solicitante: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.U.

Domicilio social: rúa Circunvalación, nº 17, 32350 A Rúa (Ourense).

Denominación do proxecto: repotenciación do parque eólico Serra da Panda.

Concellos afectados: Mañón e Ortigueira.

Potencia máxima para instalar: 4 MW.

Nº de aeroxeradores para eliminar: 6 aeroxeradores de 660 kW correspondentes ao expediente IN661A 15/1998.

Nº de aeroxeradores para instalar: 2 (potencia nominal de cada aeroxerador: 2.000 kW, limitados a 1.980 kW para non superar a potencia actual do parque).

Potencia máxima para evacuar polo parque repotenciado: 18,48 MW.

Orzamento total: 3.397.195,92 €.

Localización (área de afección):

A área afectada pola actuación prevista está definida polos seguintes vértices:

Vértice

Coordenada UTM

(ETRS 89/fuso 29)

X

Y

V-A

600374,96

4833786,63

V-B

600874,96

4833786,62

V-C

600874,95

4832286,62

V-D

601624,96

4832536,61

V-E

601874,96

4832286,61

V-F

600874,95

4831786,61

V-G

600374,94

4831786,62

V-H

600374,94

4831286,62

V-I

599874,94

4831286,62

V-J

598374,94

4833286,65

V-K

599124,94

4833286,64

V-L

599874,95

4832786,63

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(ETRS 89/fuso 29)

X

Y

29

601494,76

4832228,82

30

600959,00

4832171,00

Características técnicas da instalación:

• 2 aeroxeradores de 2 MW de potencia nominal unitaria con xerador dobremente alimentado, montados sobre fuste tubular metálico cunha altura de 78 m e un diámetro de rotor de 97 m.

• 2 centros de transformación de potencia unitaria 2.300 kVA e con relación de transformación de 0,69/20 kV, instalados no interior de torre de aeroxerador coa correspondente aparellaxe de seccionamiento, manobra e protección.

• Rede eléctrica subterránea de ternas de cables unipolares Al tipo HEPRZ1 12/20kV K AI +H16 de seccións 1×150 mm2 e 1×400 mm2.

– Circuíto 1 modificado: 3.674 m.

– Circuíto 2 modificado: 3.501 m.

– Circuíto 3 modificado: 1.956 m.

• Desmantelamento de 6 aeroxeradores e restauración das súas correspondentes zapatas e plataformas.

Obxecto da información pública:

– A autorización administrativa e de construción do proxecto de execución (substitución de 6 aeroxeradores por 2 novos de 2 MW cada un, aínda que limitados a 1,98 MW).

– A declaración de utilidade pública, coa necesidade de urxente ocupación que iso implica, da repotenciación do parque eólico Serra da Panda.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

O que se fai público para o coñecemento xeral dos propietarios dos predios que figuran no anexo a esta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidos, para que poidan examinar o expediente, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, e presentar as súas alegacións no prazo de trinta días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución ou a partir da correspondente notificación individual aos afectados.

Para idénticos efectos, e no prazo de 30 días que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución, o proxecto correspondente ás instalacións da repotenciación do parque eólico de Serra da Panda poderase examinar nos concellos de Mañón e Ortigueira.

A Coruña, 4 de novembro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados pola repotenciación
do parque eólico Serra da Panda

Predio proxecto

Propietario

Superficie afección proxecto (m2)

Total superficie afectada polo proxecto (inclúe o. temporal)
(m2)

Nome

Pleno dominio

Servidume voo

Ocupación temporal

Camiño

Gabias

Zapata

Plataforma

10

Concello de Ortigueira

849,00

1.171,00

0,00

0,00

0,00

2.395,00

4.415,00

11

CMVM de Sta. María de Mañón-Rte.: Vicente Rodríguez Martínez

2.648,00

740,00

300,00

1.892,00

4.454,00

4.620,00

14.654,00

18

María Adelina Rivera Martínez

0,00

0,00

0,00

0,00

51,00

0,00

51,00

45

Descoñecido

110,00

390,00

0,00

490,00

1.576,00

570,00

3.136,00

47

Descoñecido

407,00

0,00

208,00

231,00

3.337,00

662,00

4.845,00

62

Herdeiros de Faustino Peña Rivera (José Manuel Bermúdez Murados, José Bermúdez Peña, Mª Amelia Peña Rivera, Judit Peña Timiraos, Vicente Peña Rivera, Hugo Peña Timiraos, Mª Carmen Vale Durán)

0,00

0,00

0,00

0,00

21,00

0,00

21,00

63

Leonides Gómez Gómez

0,00

0,00

0,00

0,00

333,00

0,00

333,00

64

Parroquia de Mañón (Caión)-Vía

6,00

0,00

0,00

0,00

0,00

0,00

6,00

65

Xunta de Galicia. Consellería de Infraestruturas

10,00

0,00

0,00

0,00

0,00

45,00

55,00

66

Victorino Peña Gómez

40,00

0,00

0,00

0,00

0,00

97,00

137,00

67

Concello de Mañón

131,00

0,00

0,00

0,00

0,00

160,00

291,00

68

Concello de Mañón

20,00

0,00

0,00

0,00

0,00

9,00

29,00

69

Victorino Peña Gómez

135,00

0,00

0,00

0,00

0,00

329,00

464,00

70

Concello de Mañón

14,00

0,00

0,00

0,00

0,00

51,00

65,00

71

Parroquia de Mañón-Vía

124,00

0,00

0,00

0,00

0,00

618,00

742,00