De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=57529
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 152, do 11 de agosto de 2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.
b) Descrición: traballos de escavación arqueolóxica da mámoa 4 do Guidoiro Areoso, na Ila de Arousa.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: urxente, con pluralidade de criterios.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 49.750,00 euros, IVE excluído.
5. Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 26 de outubro de 2016.
b) Data da formalización do contrato: 7 de novembro de 2016.
c) Contratista: Tomos Conservación Restauración, S.L.
d) Importe de adxudicación: 49.071,60 euros, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria