Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración para a adquisición de obras de arte e diversos fondos artísticos da Fundación Camilo José Cela para o Museo de Belas Artes da Coruña e para o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=76830

2. Obxecto do contrato.

Tipo: subministración.

Descrición: adquisición de obras de arte e diversos fondos artísticos da Fundación Camilo José Cela para o Museo de Belas Artes da Coruña e para o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade por exclusividade.

4. Orzamento base de licitación: 103.305,79 €, exento de IVE.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 3 de novembro de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 9 de novembro de 2016.

c) Adxudicataria: Fundación Camilo José Cela.

d) Importe de adxudicación: 103.305,79 euros, exento de IVE.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa por razón de exclusividade conforme os artigos 170.d) e 173.a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria