De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, artigo 36, punto 1, e o Decreto 975/2009, do 12 de xuño, artigo 6, punto 3, faise público o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración relativo ao proxecto de prórroga da concesión de explotación derivada Oportuna 4086.2.2, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense), promovido por Explotaciones Mineras Gallegas, S.L.
O proxecto pódese consultar, no prazo de trinta (30) días, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía Emprego e Industria en Ourense (Curros Enríquez, nº 1, 3º).
Ourense, 25 de outubro de 2016
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense