Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53094

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 1033/2013).

Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1033/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tomás Manuel González Davila, María Carmen Noya Raño, Julia Piñeiro Comojo, María Jesusa Varela Vázquez, Cristina Mariño Noya, María Carmen Reboiras Ordóñez, María Gloria Blanco Romero, Rosa María Figueira Figueira, María Teresa Collazo Abuín, Jesús Manuel Lavandeira López, Clara Ramos Picón, Rosa María Romero Miguens, Juana María Ouviña Núñez contra Servanza, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva

Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia,

– Citar as partes e toda vez que a entidade demandada Servanza, S.L., non puido ser citada e descuberto novo domicilio, a través da aplicación informática deste xulgado, é o mesmo que consta en autos, cítese por edictos e cítese tamén o Fogasa para que comparezan o día 1.2.2017 ás 10.25 horas en P1ª, Secretaría deste xulgado, Edificio rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 1.2.2017 ás 10.30 horas en planta baixa, sala 1, Edificio rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese á parte demandante, que en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, teráselle por desistida da súa demanda; advertíndolle igualmente á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados aos efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª da sinalización efectuada.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se vai interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Servanza, S.L. en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza