Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52947

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (841/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 841/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eladio Jesús Barco Montero contra Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L. sobre ordinario, se ditou sentenza con data do 31 de outubro de 2016 co número 347/2016 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada titular do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 841/2013 sobre procedemento ordinario, seguidos por instancia de Eladio Barco Montero, asistido polo letrado Sr. Febrero Bande; contra Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L., que non compareceu ao acto do xuízo oral; despois de ser citado o Fogasa, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española dito a presente sentenza, con base nos seguintes»,

«Que considerando integramente a demanda interposta por Eladio Jesús Barco Montero contra Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 9.646,87 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones y Prefabricados Milladoiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza