Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52927

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas, relativa ás actuacións de carácter técnico nos expedientes de contratación dos servizos para a planificación do sistema de transporte público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda en distintas zonas da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

De conformidade cos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas relativa ás actuacións de carácter técnico nos expedientes de contratación dos servizos para a planificación do sistema de transporte público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda en distintas zonas da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten as seguintes características:

– Actividade á que se refire: a Axencia Galega de Infraestruturas realizará as actuacións de carácter técnico nos expedientes de contratación dos servizos para a planificación do sistema de transporte público de viaxeiros integrado coa prestación do transporte baixo demanda nas seguintes zonas da Comunidade Autónoma de Galicia:

– Zona centro.

– Zona conexión interurbana e Pontevedra.

– Ourense oeste.

– Ourense leste.

– A Coruña e Lugo norte.

– A Coruña oeste.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Axencia Galega de Infraestruturas) dotados de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura, que tivo lugar o 14 de novembro de 2016, ata o 31 de decembro de 2016.

– Supostos en que proceda a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2016

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda