Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Martes, 29 de novembro de 2016 Páx. 52967

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 50/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Baña Martínez contra Nova Albariza, S.L. e Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., ditouse a seguinte resolución:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, Susana Varela Amboage

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2016

Antecedentes de feito:

Primeiro. José Antonio Baña Martínez presentou solicitude de execución de fronte a Nova Albariza, S.L. e Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., e, atendendo á devandita solicitude, o 14 de xuño de 2016 este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade da cantidade de 24.888,84 euros en concepto de indemnización e de 18.574,76 euros en concepto de salarios de tramitación, así como 4.346,36 euros calculados provisionalmente por xuros e custas da execución.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia das partes aquí executadas Nova Albariza, S.L. e Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., realizada polo decreto número 529/2015, do 27 de novembro de 2015, ditado por este órgano xudicial no procedemento de execución de títulos xudiciais 196/2014.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse o preceptivo traslado ao Fondo de Garantía Salarial e ao executado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, podendo ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria, cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS declarar a insolvencia total, que deberá entenderse provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens do executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Fallo:

a) Declarar as executadas Nova Albariza, S.L. e Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 24.888,84 euros en concepto de indemnización e de 18.574,76 euros en concepto de salarios de tramitación, así como 4.346,36 euros calculados provisionalmente para xuros e custas da execución.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nova Albariza, S.L. e Gallega de Servicios de Despiece, Reparto y Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza