Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 3 de novembro de 2016 polo que se lle notifica a resolución ditada na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia ao interesado.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se declara desistido na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia o interesado que se indica no anexo.

Logo de tentar a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo por «descoñecido/a».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do presente anuncio, notifícalle ao interesado que se indica no anexo a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor o interesado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, un recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme as previsións da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 3 de novembro de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Leonardo Veloso Barreto.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.