Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 3 de novembro de 2016 polo que se lles notifica a resolución ditada na solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia ás persoas interesadas.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se declaran desistidas na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia as persoas interesadas que se indican no anexo.

Logo de tentar dúas veces a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polas persoas interesadas para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do presente anuncio, notifícalle aos/ás interesados/as que se indican no anexo a resolución antes referida.

Os/as interesados/as poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), no prazo de dez días contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpor os interesados, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que os/as interesados/as comparezan, un recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme as previsións da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 3 de novembro de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Federico Flores.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.