Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 3 de novembro de 2016 polo que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación en relación con solicitudes de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

A Academia Galega de Seguridade Pública remitiu escritos de requirimento de documentación relativos aos expedientes de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia das persoas interesadas que se indican no anexo.

Intentada por dúas veces a notificación do citado requirimento a través do servizo de Correos nos domicilios indicados polas persoas interesadas para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo coa indicación de «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do presente anuncio, notifícalles aos/ás interesados/as que se indican no anexo o requirimento antes citado.

Os/as interesados/as poden recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, infórmaselles aos/ás interesados/as que, de conformidade co artigo 68.1 da citada lei, transcorrido o dito prazo sen que comparezan, se terán por desistidos/as da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21.

A Estrada, 3 de novembro de 2016

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Jennifer de la Fuente Cortés.

Acto notificado: requirimento de documentación relativo á súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Alejandro Vargas Jaén.

Acto notificado: requirimento de documentación relativo á súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.