Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Begasa.
Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.
Denominación: substitución do apoio LP Meira 1/A60639-S11012.
Situación: concello de Meira.
Características técnicas:
1. Substitución dun apoio existente de formigón na LMT aérea Meira 1 a 20 kV por un apoio metálico, substitución de 154 metros de condutor LA-110 e substitución das cadeas de suspensión do apoio P16 por cadeas de amarre.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.
Lugo, 2 de novembro de 2016
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo