Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barbadás (expediente IN407A 2016/263-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS ao CS As Burgas.

Situación: A Valenzá.

Características técnicas: LMTS subterránea a 20 kV de 201 m, con condutor RHZ1-12/20 kV-3×240 Al e orixe na LMTS ao CT Tomás Rodríguez Punxín 32CDV2 e remate na cela de liña do CT Tras Carrabouxo 32CAP6. CS As Burgas, 3L, non prefabricado, para novo centro de saúde A Valenzá.

Orzamento: 35.024,57 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 31 de outubro de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense