Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carral (expediente IN407A 2016/1140-1).

Expediente: IN407A 2016/1140-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento MT no polígono industrial dos Capelos.

Concello: Carral.

Feitos:

1. O 7 de xuño de 2016 o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 1 de outubro de 2016 e no BOP do 30 de agosto de 2016.

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

Tramo de liña de media tensión RAL-704 entre os apoios nº 90 e nº 91, a 15 kV, cunha lonxitude de 162 m, coa orixe no apoio nº 90 existente da liña RAL-704, condutor tipo LA-110 mm2 e final no apoio nº 91 proxectado en substitución do existente da LMT RAL-704.

Liña de media tensión subterránea da RAL-704 (tramo nº 1) a 15 kV cunha lonxitude de 72 m, coa orixe en paso aéreo-subterráneo proxectado en novo apoio tipo C-16-7000 (punto A, do plano de manobras eléctricas), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS RAL-704, no tramo entre o CT Edar-Os Capelos (expediente 66/02) e o CT Tabeaio (expediente 6166).

Liña de media tensión subterránea da RAL-704 (tramo nº 2) a 15 kV cunha lonxitude de 72 m, coa orixe en paso aéreo-subterráneo proxectado en novo apoio tipo C-16-7000 (punto A, do plano de manobras eléctricas), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectados na LMTS RAL-704, no tramo entre o CS Parcela, 25 (expediente 327/04) e o CT Tabeaio (expediente 6,166).

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 24.686,87 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar perante esta xefatura territorial unha solicitude á cal se xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houbese, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 27 de outubro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña