Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Venres, 25 de novembro de 2016 Páx. 52730

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de modificación dos estatutos da Federación de Autónomos de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu a modificación dos estatutos da Federación de Autónomos de Galicia, acordada pola Xunta Directiva do 20 de setembro de 2016, na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia. O seu novo domicilio social é rúa Costa da Unión, 3-1º D, no concello da Coruña.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego